Bibliolandia

"El que lee mucho y anda mucho ve mucho y sabe mucho" Miguel de Cervantes

martes, 30 de enero de 2018

ENTROIDO 2018-"INVENTOS E INVENTORES"

1ºEP- STEAMPUNK
Steampunk
Todo aquelo que mistura elementos futuristas con aqueles de estética do pasado crea unha especie de efecto desconcertante, pero atractivo, que nos engancha dunha forma imprevisible. Disfrutade do Steampunk.
Xuzguen vostedes mismos: 1º de primaria.

2º-EP-O AUTOMÓBIL
O automóbil
O nacemento do automóbil data do ano 1885, unha especie de bicicleta con patíns.
Un dos nomes emblemáticos na industria do automóbil e Karl Benz, que por certo, a sua dona Berta, tivo o honor de ser a primeira persoa multada conducindo un coche.

Esperamos que o seguinte grupo respete as normas e non teñan que ser multados: 2º primaria
3ºEP-A FREGONA
Fregona
Non crean vostedes que a fregona inventouna unha persoa relacionada có mundo da limpeza. Este invento, tan liberador, ideouno un inxeniero e oficial do exército do Aire chamado Manuel Jalón Corominas no ano 1956.
A primeira fregona probouse con éxito en Zaragoza.
Despois de todo isto, esperamos que todo quede limpo, limpo: 3º primaria.

4º-EP-O DOMINÓ
Dominó
Este xogo xurdíu fai mil anos na China, a partir dos xogos de dados de 6 caras. As fichas eran de hoso. Pero o nome dironllo os franceses, e curiosamente, copiárono dunha carapucha negra por fora e branca por dentro que usaban os curas no duro inverno.
Que tal si votamos outra: 4º primaria
5º-6º-EP-O FUTBOL´N
  Futbolín
É un xogo singular que podemos atopar nos bares mais auténticos e tradicionais do noso país.
O futbolín fixo que nos desgañitemos de emoción, que nos abracemos como si fósemos xogadores da primeira división.
Con el, fixemos amigos e tamén provocamos algunha que outra rifa por unha xogada inxusta, que pronto quedou resolta gracias as revanchas.
Atención comenza o partido: 5º e 6º primaria
3 anos- OS SUBMARIÑOS
O submariño
Ainda que non foi a primeira vez que se planteaba a construcción dun buque que navegara por inmersión, en 1885 a novidade era que se propulsaban por medio de enerxía eléctrica.
Foi o Teniente de Navío Isaac Peral  que con un crédito inicial de 25.000 pesetas foi autorizado para a construcción do aparello.
O coste total ascendeu a 299.500 pesetas e tivo lugar a súa botadura o 8 de setembro do ano 1888 en augas de San Fernando Cadiz.
A un grupo de música moi famoso deuselle por pintalos de amarelo, e hoxe témolos aquí: Ed. Infantil 3 anos: os submarinos

4 ANOS- OS LAPIS
O lapis
Contan que fai moito tempo, no condado de Cumberland (Inglaterra) sobre o ano 1564, unha treboada derribou unha enorme árbore e que os pastores dunha aldea atoparon baixo as súas raíces unha substancia de cor negra como o carbón, a que comezaron a chamar “chumbo negro”. Este material utilizábano como pedra para marcar. Así apareceu o primeiro lapis.
Esperamos que os que veñen a continuación escriban moitas páxinas nas súas vidas: In. 4 anos.
ESO-VIDEOXOGOS
Os videoxogos
Podemos considerar o primeiro videoxogo unha versión computerizada do 3 en raia, alá polo ano 1952. A partires de ahí comezaron a saír o mercado uns videxogos sinxelos en 2D como o tenis, caza, o punto…,  nos anos 80, xurden uns videoxogos que enchían todos os bares e as salas de máquinas: o comecocos, carreiras de coches, marcianiños…
Cantas horas diante daqueles aparellos.
Chegando aos nosos días encontramos todo tipo de xogos que inclúen a realidade virtual. En fin, que casi parece que somos nos os protagonistas dos xogos.
Co seguinte grupo a realidade virtual queda xa no pasado: ESO
5 ANOS- MENAXE DE COCIÑA
Menaxe de cociña
Unha culler é un dos utensilios mais antigos do planeta. Usouse para comer. Este artiluxio remóntase á idede do paleolítico.
Pouco temos que dicir do prato, palabra tan usada en términos coloquiais:
-       Do prato a boca caese a sopa.
-       Ter pinta de non romper un prato.
-       Non é prato de bo gusto
-       A saúde non está no prato, senón no zapato.
Da mesa o prato con: Infantil 5 anos





No hay comentarios:

Publicar un comentario